Información

O Campamento Músical Pontedeume vai dirixido a rapaces de idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos (consultar outras idades) que queiran compaxinar a aprendizaxe ou perfeccionamento do seu instrumento con actividades ao aire libre.

Haberá prazas limitadas para alumnos con necesidades educativas especiais (antes de inscribirse poñeranse en contacto coa organización).

As actividades musicais están orientadas a fomentar a práctica instrumental, combinándoa co práctica grupo na banda, orquestra ou outras agrupacións.Os obxectivos máis destacados deste campamento son:

  • Favorecer as relacións interpersoais.
  • Adquirir novos recursos musicais para aplicalos ao instrumento.
  • Desenvolver a práctica auditiva e a concentración mediante o traballo musical en grupo.
  • Inculcar as bases de traballo en equipo e a responsabilidade individual nas tarefas comúns.