Preguntas frecuentes

En que consiste o campamento?

O campamento Musical Pontedeume está orientado a dar clases instrumentais, tanto individuais como colectivas, tocar en conxunto nas diferentes agrupacións que se forman durante o campamento e a todo tipo de actividades que favorezan as relacións interpersoais e colectivas.

Cales son os obxectivos do campamento?
  • Adquirir novos recursos musicais para aplicalos ao instrumento.
  • Desenvolver a práctica auditiva e a concentración mediante o traballo musical en grupo.
  • Inculcar as bases de traballo en equipo e a responsabilidade individual nas tarefas comúns.
Que modalidade escoller?

Desde o Campamento recomendamos a MODALIDADE C xa que ao noso entender os alumnos realizarán durante unha semana unha convivencia, actividades, clases instrumentais e poderán gozar de concertos co resto de compañeiros.

Poden levar material de estudo?

Non é obrigatorio que os alumnos traian libros de estudo ou obras, pero si o consideran necesario pódese traer para a preparación nas clases. En caso contraio, os mestres dispoñen de exercicios e obras para dar as súas clases.

Os alumnos de percusión teñen que levar material?

Os alumnos de percusión teñen que levar un baquetero coas baquetas, xa que o campamento dispón de instrumentos de percusión (batería, marimba, timbais, bombo, caixas…)

Os alumnos de guitarra eléctrica teñen que levar material?

Os alumnos de guitarra eléctrica teñen que levar a guitarra, un amplificador e os cables necesarios (jack e cable de corrente).

En caso de non dispoñer de amplificador, contactar coa organización.

Pódese levar diñeiro?

Os alumnos poderán levar unha pequena cantidade de diñeiro. Para evitar problemas ou posibles circunstancias desagradables a organización poderá facerse cargo da cantidade en efectivo ao comezo do campamento.

Pódese levar teléfono móbil?

Non está prohibido levar teléfonos móbiles, pero regularase moi detalladamente o seu uso. Non se permitirá recibir chamadas indiscriminadamente. Os alumnos dispoñerán diariamente dun horario entre as 21:00 h. e as 21:30 h. para comunicación coa súa familia.

A organización está aberta a transmitir mensaxes, informar ou solucionar calquera cuestión, ademais de facilitar teléfonos para aqueles alumnos que non dispoñan dun propio para poder comunicarse coa súa familia durante o horario proposto.

Como durmirán os alumnos?

Dispoñemos de colchóns para os alumnos, que se dividirán en dous grupos situados en pavillóns diferentes, separados por sexo para evitar incomodidades e prexuízos entre os mesmos.

Os monitores están cualificados para esta actividade?

Segundo a “Lei 6/2012, do 19 de xuño, de mocidade de Galicia” todos os monitores deben estar titulados para a devandita actividade, cumprindo tamén o numero de monitores pola cantidade de alumnos que se inscriban ao campamento.

Tamén contarán co certificado especial obrigatorio do rexistro central de delincuentes sexuais. Este certificado é obrigatorio, no que se indica que dita persoa non se inclúe na base de datos de delincuente sexuais.

Os profesores están cualificados para esta actividade?

Contamos con persoal totalmente cualificado para dar clases e actividades, sendo os mesmos, profesores en distintos conservatorios e escolas de música, tanto como músicos dun alto nivel de diferentes orquestras do país.

O campamento ten algún tipo de seguro?

O campamento Musical Pontedeume conta cun seguro de responsabilidade civil.

Que pasa no caso de perda ou dano dun instrumento, materiais ou aveños?

O campamento Musical Pontedeume non se fai cargo dos danos producidos no material propio, sendo os alumnos os responsables dos devanditos instrumentos, materias ou aveños persoais.

Como se realizará o pago da inscrición?

Despois de finalizar a inscrición na web terá un prazo de 7 días para ingresar o diñeiro mediante a transferencia bancaria seguindo os datos que se proporcionan na web.

No caso de non realizarse a tempo a matrícula será anulada.